domingo, 30 de abril de 2023

O entendemento

 Chámome Mari, é un nome xaponés, pero hai moita xente que pensa que eu adoptei este nome porque o meu nome xaponés é moi complicado. Aínda que pensarán que non me pega moito este nome co meu rostro asiático, chámanme "María" en lugar de "Mari" .

Cando vivía en Cádiz, comenteille a unha amiga que o meu nome non é María,  entón ela díxome.

-Pero sabes que ti tamén equivocas o meu nome.  Non é “Selia” como me sempre chamas. É “Celia”.

O cal me sorprendeu, porque eu escoitaba os dous iguais. Ela intentou ensinarme a diferenza entre “Se” e “Ce”, pronunciando varias veces. No idioma xaponés só hai “se”, o meu oído non é capaz de distinguir estes dous sons. O que comprendín é que hai unha diferenza insignificante, e que non importa moito chamala “Selia”. Isto pasou hai moito tempo.

Pero esta semana na clase de galego, a miña profesora díxome.

-Outra vez dixeches “sento cincuenta”, é “cento cincuenta”.

E amosou a súa lingua entre os dentes. Neste momento decateime de que cando digo “ce”, hai que sacar a lingua. Aínda que escoito igual, podo facer un esforzo de sacar a mina lingua cando quero dicir “cento cincuenta”.

 Esta  vez a miña profesora contentou pola miña pronunciación.

Pero eu estaba aínda máis contenta, porque captei a diferenza, malia que non do oído senón da visión . Sabía que hai diferenza entre dous fonemas, pero neste momento entendín realmente.

Pois “entender” significa que poder cambiar a actitude despois de entender.  Se non cambia a actitude, isto significa só un aumento de coñecementos. O importante é como poder cambiar a si mesmo co coñecemento.


Gustaríame ver a amiga de Cádiz e chamarlle a súa verdadeira nome, pero xa non teño contacto con ela. Onde estará Celia?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A ameixa voadora

  Hai catro ou cinco anos emecei a sonar con ter unha propiedade, unha pequena casa cun pouco de terreo. Pero non había maneira. As casa gal...