xoves, 20 de abril de 2023

O prexuízo

Unha vez ao mes falo coas amigas que viven en Xapón por vídeo chamada, é tan divertido que as veces esquezo o tempo. Un día díxenlles que xa teño que irme porque quedei cunha amiga para ir a compra.

Entón elas protestaron.

-Pero ti vives en España, onde non é importa a hora da cita, non?

-É normal que chegue 30 minutos tarde, non?

Impresionáronme  os seus comentarios. Pois as miñas amigas españolas son bastante puntuais. Creo que as miñas amigas xaponesas pensan que todos os españois bailando flamenco e xogando ao fútbol sen preocuparse polo tempo. (ben, houbo momento que eu tamén pensaba así)

É un prexuízo como o famoso mito de nomes do neves de esquimós. Din que eles teñen máis de 100 palabras para referirse á neve.  É crible pensando no seu hábitat. Pero realmente isto non é certo. Todo empezou a finais do século XIX, cando o antropólogo Franz Boas, que estudiara ás comunidade inuit locais, escribiu a súa tese:

-Os esquimós parecen chamar neve segundo a súa condición, do mesmo xeito que a auga se chama segundo a súa condición no mundo de fala inglesa. ( xeo, auga, vapor)
E puxo catro exemplos de nomes de neve.

E logo un lingüista americano, chamado Benjamin Lee Whorf citou exactamente o mesmo exemplo de estes nomes de neve, engadindo:

 -Se xuntas todos os nomes de neve esquimós, sería un número abraiante. 

 Pero estaban só catro exemplos confirmados! Estas historias espalláronse rapidamente a través do xogo de mensaxes, e algunhas delas foron esaxeradas e apareceron en xornais e revistas. Deste modo a falacia afianzouse. Outro factor que dificultou a corrección foi o feito de que case non había expertos de campo que puidesen manexar directamente a lingua dos esquimós. 

Pois hai moitos prexuízos sen fundamento, como, por exemplo:


-O galego só o falan os nacionalistas.


Eu falo galego (aínda que falo malamente)  e amo Galicia, España, Xapón e outro moitos países, que non son nacionalita.
Creo que necesita un estudo para comprobar a veracidade desta frase famosa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

A ameixa voadora

  Hai catro ou cinco anos emecei a sonar con ter unha propiedade, unha pequena casa cun pouco de terreo. Pero non había maneira. As casa gal...