Hai catro ou cinco anos emecei a sonar con ter unha propiedade, unha pequena casa cun pouco de terreo. Pero non había maneira. As casa galegas que atopaba nas páxinas das inmobiliarias eran enormes,onde vivían as pesroas de tres xeracións e vacas. Á parte diso, o meu modesto orzamento non me axudaba encontrar algo decente.
Case me resignaba, pero un día vin un anuncio dunha casa medio derrubada que dicía "urxe a venta". Chamei á inmobiliari para verla. Na finca ocupábanse unha casa pequena, un galiñeiro e un xardín. Gustoume moito. Aínda que tiña un pouco de medo e dúbida, decidín mercala, xa que se non comprase agora que teño 62 anos, non podorei mercar nunca máis. Tamén me animou un detalle: antes de cruzar na rúa onde hai casa, vin unhas árbores de ameixa, igual ca miña casa de Xapón onde vivía cando era pequena. E lembreime unha lenda xaponesa.
Na época de Heian (794-1185), vivía un aristócrata chamado Sugawara no Michizane en Kyoto, naquela época a capital de Xapón. El era unha persoa intelixente e talento en varios campos, especialmente na poesía e na caligrafía. O emperador valoraba as súas habilidades intelectuais e nomeouno en varias posicións importantes. Rapidamente Michinazane chegou a ter unha influencia significativa na corte impreial.
Ese era o motivo polo que todos os seus compañeiros odiábanlle ata o punto de urdir unha conspiración para que o trasladasen á rexión de Kyushu, o cal era considerado un degradación, o fin da súa carreira política.
Contan que Michizane tiña plantado no xardín da súa casa unha árbore de ameixa e queríaa moito, e antes de marchar, despediuse dela, deixándolle xunto á árbore unha nota na que escribiu:
-Xa non estará a persoa que aprecia a túa beleza, pero cando chegue a primavera, por favor, florece coma sempre.
Disque pouco despois, de forma sorprendente, a ameixa voou cara a residencia da rexión de Kyusyu. Daquela esta árbore foi chamada "ameixa voadora".
De modo que estou moi contenta de que ao fin conseguín unha casa e poder apreciar unha ameixa como Michizane.
Ningún comentario:
Publicar un comentario