Onte fun a Santiago para facer as proba do
Celga 4. Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco
europeo común de referencia para as linguas. Levo anos a facer esta
proba, son tan veterana que xa me coñecen os examinadores. Comecei polo Celga
2, tardou un ano para aprobar, outro ano para Celga 3, e agora levo dous anos estudando para o Celga 4.
Estudaba pola miña conta pero dende o ano pasado empecei a tomar clases particulares. A miña profesora chámase María.
Ela é unha caixa de sorpresa: é unha muller ilustrada e gran lectora de todos os xeneros, como, por exemplo,"A Odisea" de Homero, "Física" de Aristóteles, pero cando fala de "Harry Potter" convértese nunha rapaza adolescente; unha persoa serena, pero parece outra cando fala diabolicamente dos políticos e a inxustiza social. Facíame sorprender, sobre todo, cando as súa rabia contra a violacón do dereito humano diríxense cara aos meus repetidor erros en galego.
Considero que é unha dos mellores profesores. Explicaba moi ben, corrixía os meus deberes ata os últimos detalles, a súa metodoloxía
era excelente, pero non só por iso. Pensei que realmente é unha gran profesional cando eu lle comentei;
-María, é imposible escribir 400 letras sen
erros na proba, xa que son xaponesa e a lingua xaponesa é moi diferente, non hai tantas conxugacións de verbos nin os artigos, nin os xeneros en substantivos.
Entón ela levantou a súa mirada cara a min e fixo cara de profeta, e díxome:
-Ti vas aprobar, só que hai que traballar máis que outras persoas.
Non podedes imaxinar canto me animaron estas
palabras, é como avistar un barco ao lonxe mentres me afogaba nun mar da lingua
galega. O poder da palabra é grande, de modo que estou a esforzarme por
mellorar. Agardo que se notedes algún progreso algún día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario