mércores, 17 de maio de 2023

A ameixa voadora

 Hai catro ou cinco anos emecei a sonar con ter unha propiedade, unha pequena casa cun pouco de terreo. Pero non había maneira. As casa galegas que atopaba nas páxinas das inmobiliarias eran enormes,onde vivían as pesroas de tres xeracións e vacas. Á parte diso, o meu modesto orzamento non me axudaba encontrar algo decente. 

Case me resignaba, pero un día vin un anuncio dunha casa medio derrubada que dicía "urxe a venta". Chamei á inmobiliari para verla. Na finca ocupábanse unha casa pequena, un galiñeiro e un xardín. Gustoume moito. Aínda que tiña un pouco de medo e dúbida, decidín mercala, xa que se non comprase agora que teño 62 anos, non podorei mercar nunca máis. Tamén me animou un detalle: antes de cruzar na rúa onde hai casa, vin unhas árbores de ameixa, igual ca miña casa de Xapón onde vivía cando era pequena. E lembreime unha lenda xaponesa.

Na época de Heian (794-1185), vivía un aristócrata chamado Sugawara no Michizane en Kyoto, naquela época a capital de Xapón. El era unha persoa intelixente e talento en varios campos, especialmente na poesía e na caligrafía. O emperador valoraba as súas habilidades intelectuais e nomeouno en varias posicións importantes. Rapidamente Michinazane chegou a ter unha influencia significativa na corte impreial. 

Ese era o motivo polo que todos os seus compañeiros odiábanlle ata o punto de urdir unha conspiración para que o trasladasen á rexión de Kyushu, o cal era considerado un degradación, o fin da súa carreira política.

Contan que Michizane tiña plantado no xardín da súa casa unha árbore de ameixa e queríaa moito, e antes de marchar, despediuse dela, deixándolle xunto á árbore unha nota na que escribiu:

-Xa non estará a persoa que aprecia a túa beleza, pero cando chegue a primavera, por favor, florece coma sempre.

Disque pouco despois, de forma sorprendente, a ameixa voou cara a residencia da rexión de Kyusyu. Daquela esta árbore foi chamada "ameixa voadora".

De modo que estou moi contenta de que ao fin conseguín unha casa e poder apreciar unha ameixa como Michizane.

luns, 15 de maio de 2023

Unha náufraga dun mar da lingua galega

 

Onte fun a Santiago para facer as proba do Celga 4. Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Levo anos a facer esta proba, son tan veterana que xa me coñecen os examinadores. Comecei polo Celga 2, tardou un ano para aprobar, outro ano para Celga 3, e agora levo dous anos estudando para o Celga 4.

Estudaba pola miña conta pero dende o ano pasado empecei a tomar clases particulares. A miña profesora chámase María. 

Ela é unha caixa de sorpresa: é unha muller ilustrada e gran lectora de todos os xeneros, como, por exemplo,"A Odisea" de Homero, "Física" de Aristóteles, pero cando fala de "Harry Potter" convértese nunha rapaza adolescente; unha persoa serena, pero parece outra cando fala diabolicamente dos políticos e a inxustiza social. Facíame sorprender, sobre todo, cando as súa rabia contra a violacón do dereito humano diríxense cara aos meus repetidor erros en galego.

Considero que é unha dos mellores profesores.  Explicaba moi ben, corrixía os meus deberes ata os últimos detalles, a súa metodoloxía era excelente, pero non só por iso.  Pensei que realmente é unha gran profesional cando eu lle comentei;

-María, é imposible escribir 400 letras sen erros na proba, xa que son xaponesa e a lingua xaponesa é moi diferente, non hai tantas conxugacións de verbos nin os artigos, nin os xeneros en substantivos.

Entón ela levantou a súa mirada cara a min e fixo cara de profeta, e díxome:

-Ti vas aprobar, só que hai que traballar máis que outras persoas.

Non podedes imaxinar canto me animaron estas palabras, é como avistar un barco ao lonxe mentres me afogaba nun mar da lingua galega. O poder da palabra é grande, de modo que estou a esforzarme por mellorar. Agardo que se notedes algún progreso algún día.

A ameixa voadora

  Hai catro ou cinco anos emecei a sonar con ter unha propiedade, unha pequena casa cun pouco de terreo. Pero non había maneira. As casa gal...