mércores, 19 de abril de 2023

Onomatopea e o efecto Bouba e Kiki

 Unha de as características do xaponés é o uso abundando de onomatopea, utilízase para describir unha ampla gama de sons, dende sons naturais como o canto dos paxaros, o sons de choivas, ata sons artificiais, como o son dunha máquina. Tamén existen gran cantidade de onomatopeas que expresan estados emocionais ou físicos, como iraira, que significa estar  nervioso, wakuwaku, estar feliz, alegre con chea de esperanza.

A min chega moito máis o seu sentimento, se alguén me di “síntome wakuwaku porque mañá vou a excursión” que “ sinto moitas ilusións para a excursión de mañá”

Ademais o bo deste onomatopea é que hai posibilidade intuír o seu significado. Pois hai un estudo chamado “o efecto Bouba e Kiki”, que foi descuberto polo psicólogo alemán  Wolfgang Köhler na década de 1920. Neste estudo, os participantes foron presentados con dúas figuras, unha curva e outra angular, e pediulles  que asociasen cada figura con unha de dúas palabras “bouba” e “kiki” que non tiñan ningún significado. Entón a meirande parte dos participantes asociaron a figura curva con “bouba” e a figura angular con “kiki”, o que demostra que existe unha asociación natural entre certos sons e formas.

Bo, Boa, Brétema, Bágoa, Barro... son as palabras que me gustan e que me evoca unha imaxe de algo redondo. Vos estades de acordo? Se é así, eu estaría wakuwaku por poder compartir sentimento con vós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A ameixa voadora

  Hai catro ou cinco anos emecei a sonar con ter unha propiedade, unha pequena casa cun pouco de terreo. Pero non había maneira. As casa gal...