Chámome Mari, é un nome xaponés, pero hai moita xente que pensa que eu adoptei este nome porque o meu nome xaponés é moi complicado. Aínda que pensarán que non me pega moito este nome co meu rostro asiático, chámanme "María" en lugar de "Mari" .
Cando vivía en Cádiz,
comenteille a unha amiga que o meu nome non é María, entón ela
díxome.
-Pero sabes que ti tamén
equivocas o meu nome. Non é “Selia” como
me sempre chamas. É “Celia”.
O cal me sorprendeu, porque eu
escoitaba os dous iguais. Ela intentou ensinarme a diferenza entre “Se” e “Ce”,
pronunciando varias veces. No idioma xaponés só hai “se”, o meu oído non é
capaz de distinguir estes dous sons. O que comprendín é que hai unha diferenza
insignificante, e que non importa moito chamala “Selia”. Isto pasou hai moito
tempo.
Pero esta semana na clase de
galego, a miña profesora díxome.
-Outra vez dixeches “sento
cincuenta”, é “cento cincuenta”.
E amosou a súa lingua entre os
dentes. Neste momento decateime de que cando digo “ce”, hai que sacar a lingua. Aínda
que escoito igual, podo facer un esforzo de sacar a mina lingua cando quero
dicir “cento cincuenta”.
Esta vez a miña profesora contentou pola miña pronunciación.
Pero eu estaba aínda
máis contenta, porque captei a diferenza, malia que non do oído senón da visión . Sabía que hai diferenza entre dous fonemas, pero neste
momento entendín realmente.
Pois “entender” significa que
poder cambiar a actitude despois de entender. Se non cambia a actitude, isto significa só un aumento de coñecementos. O importante é como poder cambiar a si mesmo co coñecemento.


